Lucus Mundi
O programa Lucus Mundi facilitará a 45 persoas a posibilidade de facer prácticas en Portugal, Irlanda, Reino Unido, Italia e Austria.
O proxecto Lucus Mundi ofrece a posibilidade de facer prácticas en países da Unión Europea a 45 mozos e mozas titulados en formación profesional de grao medio ou que dispoñan de certificados de profesionalidade.
É a primeira vez que se beneficiará este colectivo dun programa de ampliación da súa formación coa realización de prácticas no estranxeiro xa que ata agora foron titulados universitarios ou de formación profesional grao superior os beneficiarios das distintas edicións do proxecto Lugoquálitas, tamén cofinanciado polo Concello e a Unión Europea.
O Concello lidera este proxecto que se leva adiante a través dun consorcio do que forman parte tamén os IES Muralla Romana e Sanxillao, e a Escola de Arte Superior e Deseño Ramón Falcón. Tamén poden participar alumnos de cursos e obradoiros do Concello que conten co certificado de profesionalidade.
As persoas participantes realizarán prácticas relacionadas coa súa titulación, durante 13 semanas, en empresas de Cork (Irlanda), Belfast (Reino Unido), Viena (Austria), Florencia (Italia) e Lisboa (Portugal) e simultáneamente recibirán un curso intensivo do idioma do país de destino. Percibirán unha axuda de 275 euros para gastos de viaxe, titorización persoalizada para as prácticas, seguro, pago do aloxamento e unha cantidade económica para manutención de entre 2.000 e 4.000 euros segundo o país de destino.
O Concello lidera este proxecto que se executa a través dun consorcio do que forman parte, tamén, os IES Muralla Romana e Sanxillao e a Escola de Arte Superior e Deseño Ramón Falcón.