Lugo Cóidate
Este obradoiro de emprego ofreceu formación a 15 mozos e mozas desempregaos nas especialidades de Atención Sociosanitaria a persoas en institucións sociais (7 alumnos), e Dinamización de actividades de tempo libre educativo infantil e xuvenil (8 alumnos).
Impulsado polo concello de Lugo e financiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria con 140.188 euros. Unha vez rematado o obradoiro o diploma que obtiveron os alumnos e as alumnas acredita que a formación recibida e que acceden a un certificado de profesionalidade que os habilita para exercer nestas áreas en calquera punto do Estado.
A formación teórica e práctica que ofrecen os obradoiros en especialidades teñen unha gran demanda no mercado de traballo.
Este obradoiro de emprego tivo unha duración de 6 meses e desenvolveuse nunha única fase cunha duración do 29 de setembro de 2017 ata o 28 de marzo de 2018.
Máis info do proxecto aquí