Lugo contigo
Un proxecto dirixido a persoas que contan con maiores dificultades de acceso ó emprego, en especial persoas con algunha discapacidade, có obxectivo de reducir o índice de desemprego neste colectivo.
Trátase dun plan experimental de emprego, subvencionado pola Consellería de Traballo da Xunta de Galicia con 72.400 euros e que está realizado en colaboración coas diferentes asociacións de Lugo: ASPNAIS, Asociación de xordos, COGAMI, FADEMGA, AUXILIA, SINDROME DE DOWN, FEAFES…
Un total de 50 persoas, que se seleccionarán a través do INEM e das asociacións, poderán beneficiarse deste proxecto.
A execución do programa, que se levará a cabo ata o 31 de marzo, realizarase en dúas fases: a primeira con 30 persoas e a segunda con 20 persoas.
Levaranse a acabo itinerarios personalizados de emprego có fin de conseguir a inserción laboral: orientación laboral, titorías y apoio personalizado.
Os beneficiarios terán a oportunidade de realizar prácticas en empresas da cidade en distintos sectores propostos polas asociacións como a xardinería, limpeza, servizos sociais…
As empresas que participen neste programa de emprego comprométense a contratar a un terzo dos participantes como mínimo. Poderán acceder a estes programas aquelas persoas que teñan unha minusvalía recoñecida de, polo menos, un 33% e que figuren inscritas cómo demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego.
Pola súa parte, as empresas que contraten con carácter indefinido a estes traballadores terán unha subvención por valor de 3.907 euros por cada contrato, que aumentará en 600 euros no caso de que o contratado sufra unha discapacidade igual ou superior ó 49%. Ademais, no caso de que a contratada sexa unha muller, se establece outro incentivo de 600 euros, entre outras axudas.