Lara Méndez e Manuel Núñez, xunto a representantes da Asociación Galega de Autocaravanas, achegáronse a comprobar in situ os resultados dunhas obras impulsados polo Goberno, a través do Plan de Barrios
Lugo estrea hoxe unha nova área para autocaravanas, coincidindo co Arde Lvcvs, uns festexos que atraen a visitantes deste tipo de turismo, tendencia nos últimos anos.
A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o Concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, xunto a representantes da Asociación Galega de Autocaravanas, achegáronse a comprobar in situ os resultados dunhas obras impulsados polo Goberno de Lugo, a través do Plan de Barrios, para o acondicionamento dunha nova área para autocaravanas na cidade, ao carón do MIHL.
Con esta actuación, o Goberno dá resposta á demanda realizada pola Asociación Galega de Autocaravanas. A cidade contará dende agora cun total de tres puntos para o estacionamento deste tipo de vehículos, xa que este novo súmase aos dous existentes na explanadas do Pavillón Municipal dos Deportes.