Lugo smart

Un proxecto transversal, apoiado por empresas público-privadas

Lugo Smart City levouse a cabo dende diversas concellerías, a de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico. a de Concello e Cidadanaía e a de Desenvolvemento Sostible, así como dende diversas áreas como o Centro de Empresas e Innovación, novas tecnoloxías, informática, administración electrónica, estatística, rexistro, arquivo, medio ambiente e prensa. Ademais, a iniciativa municipal acadou o aval de 11 institucións públicas e privadas, a Deputación de Lugo, a USC, o Concello de Gijón, a Confedeación de Empresarios de Lugo, a Federación de Comercio, a Asociación de Empresarias de Lugo e Telefónica, así como a Federación de Asociacións de Veciños de Lugo, a Fundación TIC e a Asociación Terras de Lugo. “Estes apoios, unha das variables que puntuaban para a concesión do proxecto e onde o Concello acadou a máxima valoración xunto co cofinanciamento, avalan que fixemos un gran traballo”, asegurou a rexedora. De feito, tal e como apuntou, dos 111 proxectos presentados soamente se aprobaron 14 propostas. A de Lugo foi a única de Galicia presentada de xeito individual que acadou financiamento, pois A Coruña e Santiago presentaron unha plataforma conxunta con Madrid e Zaragoza, quedando en sexto posto.

Obxectivos do Lugo Smart City

Tal e como manifestou a rexedora, co Lugo Smart City o Concello busca integración para involucarar á cidadanía nos procesos adminsitrativos do Concello, eficiencia para mellorar a prestación de servizos públicos locais con alta incidencia no cidadán a través de cambios nos modelos de xestión apoiados nas TIC; transparencia para facilitar o acceso, a consulta e o uso dos datos públicos dos servizos municipais e coordinación, para axilizar o traballo entre as áreas municipais a través da integración de servizos intelixentes. Isto garantizará axilidade, máis participación da veciñanza e un aforro para a administración e a cidadanía de 1,6 millóns de euros nun ano, aforro que se verá incrementado a longo prazo, chegando ata 8 millóns de euros en 5 anos, é dicir, o dobre do invertido.

Liñas accións do proxecto

Administración electrónica, co que se pretende unificar todas as tarefas administrativas internas e de seguridade (985.000 euros)

Plataforma de xestión intelixente de infraestruturas locais basado no GIS (sistema de información xeográfica) para a xestión adminsitrativa, económica, urbanística, ocupación da via pública, infraestruturas e mobiliario urbano (82.700€)

Tarxeta intelixente. Incluiría ademais do pago de transporte urbano que xa se pode realizar a día de hoxe, o pago de tasas municipais ou a autentificiación en administración electrónica, entre outras (190.000€)

 

Portal de Transparencia. Reforzo do actual, posto en marcha o pasado mes de maio, que inclúa ademais un portal de Goberno Aberto ou indicadores de transparencia (80.450 euros)

Xestión intelixente do aparcamento para 200 plazas –previsiblemente no centro da cidade-, a través dunha rede de sensores inalámbricos instalados no asfalto, que detectarán o peso dun vehículo, o que indicará que existe ou non unha praza libre de aparcaodoiro a través dunha App, que contará cun sistema de guiado ata a praza libre máis próxima (267.000€)

Xestón de residuos sólidos urbanos, mediante o que se instalarán sensores de almacenamento conectados vía GPRS ou 3G nos colectores, principalmente para os do territorio rural, cun software central, o que indicará se é necesario ou non pasar a recoller o lixo, co que se aforrará neste servizo, posto que se paga por desprazamento e tonelada recollida (607.400€)

Xestión de eficiencia enerxética en 6 dependencias municipais: Concello, Seminario, Piscina das Pedreiras e de Frigsa, CEI-NODUS e Centro Social Uxío Novoneyra) (459.000€)

Xestión do alumeado público no entorno urbano e rural, con regulación de fluxo lumínico a través de dispositvos de control (128.300€)

Xestión dos colectores de auga: que permite a lectura e supervisión a través de GPRS ou 3G (233.300 euros).

Ademais poñerase en marcha unha plataforma smart, que integre todos os proxectos verticais anteriores, cun orzamento de 125.000 euros.