A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez estivo esta maña no Cei Nodus, iniciativa do Concello de Lugo para a promoción económica da cidade e un apoio á posta en marcha de novas iniciativas empresariais que cumple 15 anos o próximo 29 de novembro. Avanzou que este aniversario será “un punto de inflexión para darlle un novo impulso ao Lugo do emprendemento”. O total de empresas que se formaron e asesoraron no Cei Nodus ascende a 105
Méndez trasladou que “O Cei Nodus nace ca vocación de ser un punto de información, de emprendemento, de asesoramento para moitas iniciativas e proxectos que en moitos casos son un referente como é o caso de Manuel Lolo Aira AMS Lab, Javier Pérez López Técnica Dental Estudio, Oscar Pásaro García Conpas.Net, Iago Gonzalez Campo Wide Partner, que hoxe nos contaran o seu paso polo Cei Nodus”. A alcaldesa destacou que estas empresas comezaron cun total de 6 persoas e a día de hoxe dan traballo a máis de 70 traballadores.
O concelleiro de Desenvolvemento Local e Emprego, explicou parte da programación do proximo 29 de novembro, que comezara ás 09.30h cunha xornada de portas abertas destinadas a institutos, universidades, asociacións. En paralelo con estas visitas guiadas relizaranse mesas redondas e grupos de traballo onde se compartirán experiencias. O edil destacou que tamén haberá un espazo dedicado ós mais pequenos que poderán ofrecer os productos a todo aquel que se achegue ó Cei Nodus neste 15 aniversario. Como broche final celebrarase unha gran festa na praza do Cei Nodus contando con artistas tales como: Laura LaMontagne, Baiuca e Natalia Ferviu dj.
Os empresarios amosáronse moi agradecidos á formación recibida no Cei Nodus, a nivel administrativo, a nivel económico, a nivel experiencias con outros emprendedores. Javier Pérez López de Técnica Dental Estudio destacou que o seu paso polo Cei Nodus foi “unha experiencia marabillosa”.
Audio