O CEI-Nodus estará presente nos espazos de emprendemento POP-UP os días 24, 25 e 26 de outubro na Praza da Soidade. Mauricio Repetto comenta que “teremos presencia a través dun stand onde poñeremos en valor a actividade de apoio ó emprendemento que o Concello de Lugo está a realizar a través do CEI Nodus” .
ES-Pop Up é un programa de impulso de proxectos de economía social mediante a creación de espazos comerciais efémeros. Nestes espazos os proxectos participantes poderán avaliar, medir ou testar dun modo máis eficiente os seus produtos ou servizos así como o seu modelo de negocio. A edición de Lugo ‘ten como finalidade que as beneficiarias podan expor os seus produtos, servizos ou proxectos co obxetivo de realizar a promoción dos mesmos e o contraste co público.
Esta xornada presenta un amplo número de actividades de ocio tales como o concerto dos Mustélidos este mesmo xoves 24, o venres 25 contaran co contacontos Anxo Moure un obradoiro de recetas ademais do concerto de Jerry Noia e como broche final o sábado 26 está previsto un obradoiro de ‘tecido colectivo: hexagonal’ ademáis do concerto de Toñyto García de Diego Pazo”.
As xornadas van dirixidas a persoas emprendedoras da Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal interesadas en crear e impulsar proxectos empresariais e de economía social, durante a celebración do evento levarán a cabo acciones de difusión e actos de reclamo para lograr unha maior afluencia e participación da cidadanía.
Audio