Repetto deulles a benvida a estas instalacións que o Executivo de Alvarellos cede de balde, co obxectivo de transformar ideas emprendedoras en proxectos empresariais innovadores.
“Unha das nosas prioridades é apoiar a creación de novos proxectos no municipio a través dos que xerar oportunidades para reter o talento e fixar poboación”, subliñou.
O semilleiro está dividido en catro áreas e ofrece aos emprendedores todas as facilidades necesarias para desenvolver os seus proxectos durante un período de seis meses.
O edil de Dinamización Económica, Mauricio Repetto, deu a benvida a dúas novas emprendedoras que se incorporaron este venres ao semilleiro do CEI-Nodus municipal. “Este espazo busca fomentar a innovación e apoiar ás e aos emprendedores nas etapas iniciais dos seus proxectos, ofrecendo unha contorna colaborativa e de apoio individualizado”, explicou o concelleiro, quen detallou que “con estas dúas incorporacións, o semilleiro, compartimentado en catro áreas, está a funcionar ao 100%”.
“Unha das prioridades do Executivo liderado por Paula Alvarellos é apoiar a posta en marcha de novos proxectos emprendedores no municipio a través dos que xerar postos de traballo e oportunidades laborais para reter o talento en Lugo e contribuír a fixar poboación. Neste senso, destaca a nosa aposta polo Centro de Empresas e Innovación municipal –CEI Nodus–, un centro referente nos seus 20 anos de historia; así como o desenvolvemento de estratexias como o Lugo Transforma, no que investimos 12 millóns para favorecer a implantación de novas empresas na cidade e a expansión e ampliación doutros proxectos de selo lucense”, apuntou Repetto.
O edil explicou que “agora mesmo o semilleiro está ocupado por tres emprendedoras e un emprendedor que están a madurar as súas ideas empresariais: dende unha app de xestións administrativas, pasando por unha axencia de seguros, unha ferramenta de entrenamento visual, ata unha consultoria para alumnado universitario”.
Así, o semilleiro está deseñado para proporcionar unha contorna propicia para a creatividade e o desenvolvemento empresarial, co obxectivo de transformar ideas emprendedoras en proxectos empresariais innovadores. Os usuarios destas instalacións teñen acceso a unha serie de servizos esenciais, incluíndo mobiliario completo, conexión a internet de alta velocidade, subministración eléctrica e a posibilidade de utilizar todos os servizos do CEI-Nodus.
“Este espazo conta cunha superficie de 64 metros cadrados, está compartimentado en catro áreas e ofrece aos emprendedores e emprendedoras todas as facilidades necesarias para desenvolver e impulsar os seus proxectos durante un período de seis meses e sen custo económico”, engadiu Repetto, quen lembrou que algún dos proxectos que saíron destas instalacións e que agora son referentes na cidade como a escola de baile Gravitty ou a axencia de branding Basártico.
Proceso de selección do semilleiro
O proceso de selección é simple, basta cunha solicitude normalizada presentada no rexistro ou a través da sede electrónica do Concello, na que se describa de maneira sucinta o proxecto empresarial. A súa aprobación está suxeita á dispoñibilidade do espazo, tendo en conta que a duración máxima da estancia (6 meses) permite unha rotación de espazos razoable.
O principal obxectivo do semilleiro é facilitar a maduración de ideas empresariais, proporcionando aos emprendedores un espazo onde poidan desenvolver os seus proxectos co apoio necesario. Entre os obxectivos específicos inclúense: