Desenvolve Lugo

Lupa
Logo cei nodus

Que é o Cei-Nodus?

O Centro de Empresas e Innovación (CEI-Nodus) é unha iniciativa do Concello de Lugo para a promoción económica da cidade e un apoio á posta en marcha de novas iniciativas empresariais.

As nosas actividades actuais céntranse en:

  • Promover unha cultura emprendedora.
  • Asesorar para a posta en marcha de proxectos emprendedores.
  • Apoiar a consolidación empresarial, especialmente para as empresas situadas na incubadora de empresas Cei Nodus.
  • Ofrecer programas transversais de consolidación empresarial (obradoiros e seminarios de formación, eventos de networking, etc.)

Misión

Promover o emprendemento e a innovación en Lugo ofrecendo un espazo público de referencia que conecte persoas, proxectos e empresas. Cei Nodus apoia aos emprendedores en todas as fases do seu desenvolvemento, proporcionándolles recursos, formación, asesoramento e un ecosistema colaborativo que fomenta a creación de iniciativas sostibles e competitivas cun impacto positivo na sociedade.

Visión

Ser o motor do emprendemento en Galicia e un referente nacional na xeración de oportunidades, consolidando un ecosistema dinámico que inspire, apoie e impulse os emprendedores cara aos mercados globais. Cei Nodus aspira a ser recoñecido como o espazo público onde as ideas se transforman en proxectos viables e as persoas atopan apoio para crecer con responsabilidade, innovación e compromiso social.

Valores

Innovación: Fomentamos a creatividade e a procura constante de solucións novas e eficaces.

Colaboración: Cremos no poder das redes e no traballo conxunto entre emprendedores, institucións e sociedade.

Compromiso público: Como centro de titularidade pública, garantimos a igualdade de acceso, transparencia e servizo ao público.

Sostibilidade: Promovemos proxectos responsables co contexto económico, social e ambiental.

Diversidade e inclusión: Apoiamos a todos os emprendedores, independentemente da súa orixe, xénero ou circunstancias, porque a diversidade enriquece o ecosistema.

Excelencia: Esforzámonos pola mellora continua nos nosos servizos e programas para ofrecer sempre o máximo valor aos emprendedores.

Impacto social: Entendemos o emprendemento como unha ferramenta para transformar positivamente a sociedade e xerar emprego de calidade.

Documentación

Solicitud

CEI local

Solicitud

CEI semilleiro

Solicitud

CEI coworking

As instalacións

O CEI-Nodus dispón dun abano de espazos adaptables ás necesidades de cada empresario e de cada actividade.

Cada un dos despachos dispón de mobiliario básico (mesas e cadeiras de traballo, caixoneiras e armarios con chave) e están provistos de calefacción e teñen preinstalación eléctrica, auga, teléfono e internet.

Existe ademáis un espazo destinado ao semilleiro de empresas. Neste momento ata cinco empresas poden madurar neste ámbito a súa idea de negocio e traballar sobre o seu proxecto.

14 módulos de oficina de 32m²
2 módulos de oficina de 64m²
7 módulos de obradoiro de entre 50 e 150m²
2 módulos de laboratorio de 62 y 104m²
Espazo de maduración de proxectos emprendedores
Espazo coworking

Espazos comunes

O CEI-Nodus dispón dun abano de espazos adaptables ás necesidades de cada empresario e de cada actividade.

Cada un dos despachos dispón de mobiliario básico (mesas e cadeiras de traballo, caixoneiras e armarios con chave) e están provistos de calefacción e teñen preinstalación eléctrica, auga, teléfono e internet.

Existe ademáis un espazo destinado ao semilleiro de empresas. Neste momento ata cinco empresas poden madurar neste ámbito a súa idea de negocio e traballar sobre o seu proxecto.

Zona de recepción e información
Sala multiusos con zona de descanso
Aula de formación con capacidade para 25 alumnos
Aula TIC con 16 equipos en rede
Cafetería e aparcadoiro para 200 turismos
Sala de reunións con capacidade para 12 asistentes

Exteriores

Planta baixa

Primeira planta

Segunda planta

Prezos públicos CEI-NODUS

(Ordenanza 402)

Solicitude

¿qué tiene que descargarse exactamente?

Documentación

¿qué tiene que descargarse exactamente?

Como chegar a CEI NODUS?

En coche


Podes aparcar no noso aparcadoiro entrando pola Avenida Paulo Fabio Máximo. Temos espazo para 200 coches.

En autobús


Dependendo das paradas próximas, as seguintes liñas de autobuses urbanos deixan a pouca distancia:

Liña 1.1 (Campus USC - Fingoi - O Ceao)
Liña 1.2 (Campus USC - Fingoi - O Ceao - HULA)
Liña 1.3 (Campus USC - Fontiñas - O Ceao)
Liña 2 (Xosé Castiñeira - Ramil ou Cemiterio-Albeiros)

Paradas de autobús próximas:
Las paradas más cercanas a CEI NODUS son:
Rúa Lavandeira (Cr. Angelo Colocci): Aproximadamente 1 minuto andando.
Av. Coruña 344: 2 minutos a pé aproximadamente.

Contacto

Onde estamos?

O Centro de Empresas e Innovación ten a súa sede na Avenida da Coruña 500, da cidade de Lugo, e a entrada ao seu aparcadoiro pola rúa Paulo Fabio Máximo

Os nosos datos

Se desexa poñerse en contacto con nós, por favor, encha este formulario

    Responsable do ficheiro: Concello de Lugo. Finalidade; resolver as dúbidas plantexadas. A
    Lexitimación; é grazas ao teu consentimento. Destinatarios: Os teus datos atópanse aloxados na plataforma de hosting Raiola Networks. As persoas interesadas poderán exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, nos termos establecidos na lexislación aplicable, por escrito dirixido ao Concello de Lugo, Praza Maior, 1, 27001 – Lugo. Máis información

    Últimas novas

    O Goberno Local vén de publicar na Plataforma de Contratación do Sector Público a licitación deste programa, enmarcado no Plan de […]

    O edil de Dinamización Económica, Mauricio Repetto, mantivo unha reunión este mércores co equipo responsable de recursos humanos da compañía en […]

    O audiovisual promovido pola fundación holandesa, unha das entidades promotoras da rede Mass Madera á que pertence o Concello, enmárcase […]

    Faino a través da nova convocatoria de subvencións a asociacións sen ánimo de lucro posta en marcha dende a área […]

    Preto dunha vintena de persoas do ámbito artístico e cultural asistiron ao encontro, baixo o título Residencias artísticas: creación, lugares, vínculos. […]

    Vinte estudantes da asignatura Iniciativa Emprendedora, pertencentes aos ciclos de Administración de sistemas informáticos en rede e Asesoría de imaxe […]

    Scroll al inicio