O obxectivo é propiciar a inserción laboral do alumnado que neste momento se está a formar no CEI Nodus no […]
Que é o Cei-Nodus?
O Centro de Empresas e Innovación (CEI-Nodus) é unha iniciativa do Concello de Lugo para a promoción económica da cidade e un apoio á posta en marcha de novas iniciativas empresariais.
As nosas actividades actuais céntranse en:
- Promover unha cultura emprendedora.
- Asesorar para a posta en marcha de proxectos emprendedores.
- Apoiar a consolidación empresarial, especialmente para as empresas situadas na incubadora de empresas Cei Nodus.
- Ofrecer programas transversais de consolidación empresarial (obradoiros e seminarios de formación, eventos de networking, etc.)
Misión
Promover o emprendemento e a innovación en Lugo ofrecendo un espazo público de referencia que conecte persoas, proxectos e empresas. Cei Nodus apoia aos emprendedores en todas as fases do seu desenvolvemento, proporcionándolles recursos, formación, asesoramento e un ecosistema colaborativo que fomenta a creación de iniciativas sostibles e competitivas cun impacto positivo na sociedade.
Visión
Ser o motor do emprendemento en Galicia e un referente nacional na xeración de oportunidades, consolidando un ecosistema dinámico que inspire, apoie e impulse os emprendedores cara aos mercados globais. Cei Nodus aspira a ser recoñecido como o espazo público onde as ideas se transforman en proxectos viables e as persoas atopan apoio para crecer con responsabilidade, innovación e compromiso social.
Valores
Innovación: Fomentamos a creatividade e a procura constante de solucións novas e eficaces.
Colaboración: Cremos no poder das redes e no traballo conxunto entre emprendedores, institucións e sociedade.
Compromiso público: Como centro de titularidade pública, garantimos a igualdade de acceso, transparencia e servizo ao público.
Sostibilidade: Promovemos proxectos responsables co contexto económico, social e ambiental.
Diversidade e inclusión: Apoiamos a todos os emprendedores, independentemente da súa orixe, xénero ou circunstancias, porque a diversidade enriquece o ecosistema.
Excelencia: Esforzámonos pola mellora continua nos nosos servizos e programas para ofrecer sempre o máximo valor aos emprendedores.
Impacto social: Entendemos o emprendemento como unha ferramenta para transformar positivamente a sociedade e xerar emprego de calidade.
As instalacións
O CEI-Nodus dispón dun abano de espazos adaptables ás necesidades de cada empresario e de cada actividade.
Cada un dos despachos dispón de mobiliario básico (mesas e cadeiras de traballo, caixoneiras e armarios con chave) e están provistos de calefacción e teñen preinstalación eléctrica, auga, teléfono e internet.
Existe ademáis un espazo destinado ao semilleiro de empresas. Neste momento ata cinco empresas poden madurar neste ámbito a súa idea de negocio e traballar sobre o seu proxecto.
Espazos comunes
O CEI-Nodus dispón dun abano de espazos adaptables ás necesidades de cada empresario e de cada actividade.
Cada un dos despachos dispón de mobiliario básico (mesas e cadeiras de traballo, caixoneiras e armarios con chave) e están provistos de calefacción e teñen preinstalación eléctrica, auga, teléfono e internet.
Existe ademáis un espazo destinado ao semilleiro de empresas. Neste momento ata cinco empresas poden madurar neste ámbito a súa idea de negocio e traballar sobre o seu proxecto.
Prezos públicos CEI-NODUS
(Ordenanza 402)
Solicitude
¿qué tiene que descargarse exactamente?
Documentación
¿qué tiene que descargarse exactamente?
Como chegar a CEI NODUS?
En coche
Podes aparcar no noso aparcadoiro entrando pola Avenida Paulo Fabio Máximo. Temos espazo para 200 coches.
En autobús
Dependendo das paradas próximas, as seguintes liñas de autobuses urbanos deixan a pouca distancia:
Liña 1.1 (Campus USC - Fingoi - O Ceao)
Liña 1.2 (Campus USC - Fingoi - O Ceao - HULA)
Liña 1.3 (Campus USC - Fontiñas - O Ceao)
Liña 2 (Xosé Castiñeira - Ramil ou Cemiterio-Albeiros)
Paradas de autobús próximas:
Las paradas más cercanas a CEI NODUS son:
Rúa Lavandeira (Cr. Angelo Colocci): Aproximadamente 1 minuto andando.
Av. Coruña 344: 2 minutos a pé aproximadamente.
Contacto
Onde estamos?
O Centro de Empresas e Innovación ten a súa sede na Avenida da Coruña 500, da cidade de Lugo, e a entrada ao seu aparcadoiro pola rúa Paulo Fabio Máximo
Os nosos datos
- Avda. da Coruña, 500. 27003 Lugo
- Tfno: 982 297 468
- cei@lugo.gal
Se desexa poñerse en contacto con nós, por favor, encha este formulario
Responsable do ficheiro: Concello de Lugo. Finalidade; resolver as dúbidas plantexadas. A
Lexitimación; é grazas ao teu consentimento. Destinatarios: Os teus datos atópanse aloxados na plataforma de hosting Raiola Networks. As persoas interesadas poderán exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, nos termos establecidos na lexislación aplicable, por escrito dirixido ao Concello de Lugo, Praza Maior, 1, 27001 – Lugo. Máis información
Últimas novas
A Xunta de Goberno Local aprobará mañá as bases para o alugueiro de seis locais de titularidade pública situados neste […]
A rexedora anunciou hoxe que, alén de favorecer que se consolide a oferta de negocios da zona, o Concello levará a […]
O Goberno de Lara Méndez promove unha nova acción formativa para mozos e mozas emprendedores, coa colaboración da Fundación Incyde, […]
A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presentou este martes o Catálogo GUD Lugo de solucións de deseño urbano sostible. Fíxoo acompañada do […]
O Executivo de Lara Méndez destinará 152.369 euros a un novo Plan de Formación dirixido, nesta ocasión, a 1.120 persoas […]




























