A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, xunto a Deputada Provincial de Economía, Mayra García, e a Presidenta da Asociación de Autónomas de Lugo, Marta López, asistiron, este venres, a XII Edición do Comercio na Rúa – Street Market, no que participaron preto de 100 establecementos do comercio local de Lugo, ofrecendo descontos de entre un 50 e un 80%.
Ana Prieto subliñou que “esta xornada comercial sempre tivo moi boa acollida entre os e as lucenses e persoas visitantes, posto que existe unha gran oferta e variedade de produtos: calzado, téxtil, regalos, fogar, entre outros. Ademais é unha maneira de fomentar o comercio de proximidade, un sector fundamental para a cidade”. Esta cita, xa asentada en Lugo, organizada pola Asociación de Autónomas de Lugo, contou coa colaboración de Concello e Deputación a través da Fundación TIC.