O Concello de Lugo formalizou o contrato coa empresa que desenvolverá as obras de reconstrución do firme e da rede de pluviais na rúa Salvador de Madariaga. Trátase dunhas tarefas cun orzamento de 109.800 euros e un prazo de execución de 4 meses, que se acometen logo de que a entidade local realizara os ensaios de placa de carga nesta rúa a finais do pasado ano.
Deste xeito o Concello mellorará a rúa, pois actualmente atópase cun estado superficial inadecuado, atopándose múltiples zonas blandas, gretas e o pavimento cuarteado. Tamén modernizará a rede de saneamento, pois actualmente conta cun colector central moi antigo e varios pozos fóra de servizo.
Con esta intervención de reconstrución, a entidade local garante as boas condicións de distintos servizos públicos e mellora a calidade de vida e o benestar da veciñanza da contorna e da cidadanía.