O edil de Dinamización Económica, Mauricio Repetto, mantivo unha reunión este mércores co equipo responsable de recursos humanos da compañía en España.
“A apertura de Primark é unha gran nova, pois contribuirá á creación de emprego e á dinamización económica do municipio atraendo visitantes de toda a provincia”, subliñou.
Durante a súa primeira visita a Lugo coñeceron as instalacións do CEI Nodus, que o Concello puxo á súa disposición para levar a cabo o proceso de selección de persoal.
O edil de Dinamización Económica, Mauricio Repetto, mantivo unha reunión este mércores co equipo responsable de recursos humanos en España da compañía Primark, durante a súa primeira visita a Lugo de cara á posta en marcha do seu primeiro establecemento na cidade ao longo do vindeiro ano no centro comercial As Termas.
Durante o encontro, no que participaron a directora de recursos humanos, Juana Rodero, e os mánagers Teresa Beceiro e Luis Rocabruna, ademais dunha técnico municipal, orientadora laboral, os representantes da cadena irlandesa de roupa e complementos expuxeron o proxecto de instalación da empresa en Lugo, que suporá a creación dun gran número de postos de traballo.
Neste senso, o concelleiro subliñou que “a próxima apertura de Primark en Lugo é unha gran noticia para a cidade, pois a chegada desta recoñecida marca internacional traerá novas oportunidades laborais, contribuíndo á creación de emprego e á dinamización económica do municipio”.
“Esta apertura é, así mesmo, froito do traballo que levamos a cabo dende o Executivo de Paula Alvarellos para atraer investimentos a Lugo que contribúan ao seu desenvolvemento e a fixar poboación”, explicou Repetto quen dixo estar convencido de que “este novo establecemento será un punto de atracción para visitantes de toda a provincia, o que repercutirá de xeito positivo no resto do comercio, hostalaría e servizos”.
“Dende o concello, seguimos comprometidos en traballar para que este tipo de proxectos se materialicen e axuden a mellorar a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas”, apuntou.
Os respresentantes de Primark aproveitaron a súa visita para coñecer as instalacións do CEI Nodus, que o Concello puxo á súa disposición para levar a cabo o proceso de selección de persoal. Deste xeito, tratáronse diferentes vías de colaboración como Lugo como a cesión de espacios, formación e intermediación laboral, etc.