Técnicos municipais explicarán polo miúdo as bases da programación, e responderán a todas as dúbidas que poidan xurdir en canto á solicitude e tramitación das axudas de 5 millóns de euros que puxo en marcha o Goberno de Lara Méndez
As asesorías que desexen participar deberán enviar un email á dirección de correo electrónico cei@lugo.gal e, a continuación, recibirán a confirmación xunto co enlace á plataforma a través da cal se realizará a videoconferencia
As bases do Plan saen publicadas hoxe no BOP e o prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto durante 20 días hábiles, dende mañá até o 13 de maio
O Goberno de Lara Méndez organizará unha videoconferencia este xoves, día 16, a partir das 13:00 horas, na que técnicos municipais informarán sobre as axudas do Plan Reanima. Trátase da programación coa que o executivo municipal inxectará 5 millóns de euros a autónomos, microempresas, pemes e familias co fin de aportarlles liquidez para que poidan facer fronte aos gastos e intentar protexer os postos de traballo.
Esta reunión telemática estará dirixida ás asesorías lucenses, posto que o 90% das axudas se solicitarán a través das mesmas. O obxectivo é explicar polo miúdo as bases do plan, así como responder a todas as dúbidas que poidan xurdir en canto á solicitude e tramitación das achegas, que se dividen en dúas liñas, non excluíntes entre si:
As asesorías que desexen participar simplemente deberán enviar un email á dirección de correo electrónico cei@lugo.gale, a continuación, recibirán a confirmación xunto co enlace á plataforma a través da cal se realizará a videoconferencia. Así mesmo, será necesario ter instalado o navegador web Google Chrome no dispositivo a través do que se vaia realizar a conexión.
As bases do Plan Reanima foron publicadas hoxe no BOP e o prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto durante 20 días hábiles, dende mañá, mércores 15 de marzo, ata o vindeiro 13 de maio.
Audio