Un evento diferente no que colabora o Concello de Lugo, con representación de adegas do territorio galego e con vinculación ás vías romanas
‘Lucus In Vino Veritas’ é unha actividade aberta a todos os que teñan interese en coñecer o mundo do viño
O concelleiro de Desenvolvemento Local e Emprego, Mauricio Repetto; asistiu esta maña á presentacion de ‘Lucus In Vino Veritas’, un evento do sector vinícola que terá lugar o próximo 3 de outubro no claustro da Catedral de Lugo.
Á mesma acuriron, Mario Vázquez Carballo, Deán da S.I. Catedral Basílica e Vicario General da Diócesis e Isabel Lozano xerente de EnVinissi, e organizadora do evento.
O edil destacou que ainda que é unha primeira edición “queremos que proxectos desta índole perduren no tempo” como elemento dinamizador, do patrimonio cultural, histórico, e dun turismo ou enoturismo que busca experiencias diferentes.