A mostra, que será inaugurada ás 12 do mediodía polo concelleiro Mauricio Repetto e a edil de Igualdade, Ana Abelleira, recolle en total unha trintena de imaxes que o fotógrafo coruñés Diego Silva obtivo en distintos centros especiais de emprego co obxectivo de plasmar a actividade diaria que desenvolven estas persoas e as diferentes capacidades docolectivo.
Unha reportaxe documental itinerante que permanecerá exposta na sala multiusos do segundo andar do EspazoLab.