Lugo presentará candidatura para optar ao premio europeo de Cidade Accesible (Access City Award), no que se pretende poñer de relevo os avances que no tema da accesibilidade universal están a levarse a cabo na cidade. A labor constante que ven realizando en Lugo desde hai case 20 anos valeulle outros recoñecementos a nivel nacional e europeo, como a Mención Especial en 2017 destos premios europeos de accesibilidade; pero tamén o Premio Reina Sofía no ano 2006, a distinción de Destino Turístico Accesible de España no 2015 ou o recoñecemento ‘Cidade Mapcesible’ que concedeu Telefónica este mesmo ano.
O concelleiro da área de Desenvolvemento Local e Emprego, Mauricio Reppeto, explicou que “o galardón é unha distinción especial que se da cada ano ás cidades europeas que se esforzan por conseguir a accesibilidade universal. Está organizado pola Comisión Europea e o Foro Europeo de Discapacidade e é unha das accións contempladas na Estratexia Europea sobre Discapacidade 2010-2020 para crear unha Europa sen barreiras”.
Lembrar que no 2017, o xurado recoñecía o achegamento inclusivo á discapacidade involucrando ao sector privado en todos os programas desenvoltos levado a cabo polo goberno de Lara Méndez en materia de accesibilidade, competencia de Ana González, que explicou que “o uso das novas tecnoloxías da información e a comunicación (TIC), o deseño das políticas de accesibilidade e a especial atención que presta o Concello de Lugo á inclusión dás persoas maiores é unha aposta clar levada a cabo polo goberno de Lara Méndez”. De feito, foi “ noso Goberno quen creou o Gabinete Municipal de Accesibilidade para adaptar progresivamente os espazos públicos a todas as persoas que viven no noso municipio ou o visitan”.
Entre as medidas máis destacadas para a adaptación da cidade ás persoas con distintas discapacidades destacan as accións desenvolvidas nos barrios; as executadas na busca dun patrimonio monumental e cultural accesible, incluída a Muralla Romana; o impulso dun transporte público accesible, pero tamén privado, ao contar Lugo co cociente de taxis adaptados máis alto de Galicia: a creación de 200 prazas de aparcadoiro para persoas como mobilidade reducida; a execución de ascensores nos aparcadoiros subterráneos; a instalación de sinais de tráfico luminosas e acústicas; a posta en marcha da Casa Domótica ou a implantación de colectores de lixo adaptados.
En materia de obra nos últimos tres anos realizáronse obras de peonalización en distintas áreas, rúas ou prazas, elimináronse barreiras mediante a construcción de ascensores como é o caso de Fontiñas e en proceso de finalizar a obra como é o exemplo hoxe á orde do día do ascensor de Sagrado Corazón.
Mauricio Repetto terminou recordando que no Concello de Lugo temos “O Centro de información europea Europe Direct-Lugo, que pertencente á rede de Centros de Información Europea, e é o punto desde o que o Concello de Lugo ofrece un servizo de proximidade que permite aos cidadáns obter información, axuda e respostas a dúbidas sobre lexislación, políticas e programas europeos”
Audios