A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, anunciou este venres, na Sala de Usos Múltiples do Edificio de Novas Tecnoloxías, os novos obradoiros que preparou o Goberno de Lugo coa finalidade de facilitar formación á veciñanza na busca dun posto de traballo. Trátase dunha nova iniciativa, que organiza o Concello a través de Europe Direct-Lugo, o Centro de información europea do Concello, que se celebrará do 20 ao 23 de novembro no Espazo Lab, enmarcada dentro da Semana Europea de Emprego.
Esta iniciativa responde ademais ao compromiso do Goberno coa creación do emprego, independente de non ter as competencias. No marco do esforzo e do seu traballo para promover a inserción laboral, Ana Prieto lembrou que a día de hoxe, o Concello ten proxectos en marcha de máis de 2 millóns de euros e preto de 300 persoas beneficiarias, entre o plan Empregalia, Inicia Coworking, o viveiro de empresas a pé de rúa na Tinería, os obradorios Fórum 4.0 e InteracTICvate ou o Mellora lUgo 2018.
O prazo de inscrición para estes obradoiros está aberto dende o luns, 5 de novembro e ata o 15 de novembro. Para anotarse é preciso enviar cuberta unha ficha de inscrición (que se pode descargar na web do Concello, www.lugo.gal), a EspazoDirect-Lugo@concellodelugo.org, ou entregala nas propopias instalacións do Espazo Lab. Realizaranse dous obradoiros simultaneamente coa mesma temática pero adaptándoas ao nivel de formación das persoas solicitantes: un para alumnado da UNED, de aí a asistencia á rolda de prensa da directora da UNED en Lugo, Ana Traseira; persoas con titulación media e superior; e outro para outras persoas interesadas.
Os obradoiros
Os obradoiros para a busca de emprego e as datas nas que se impartirán son os seguintes:
O horario no que se impartirán é de 09:30 a 13:30 horas
Documentos
Audio