A través deste proxecto, o Executivo de Paula Alvarellos busca, ademais de mellorar a oferta turística, promover a conservación e valorización do seu patrimonio enogastronómico.
Este plan enmárcase dentro da Estratexia de Sostibilidade Turística en Destinos (ESTD), parte do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado con Fondos NextGenerationEU, e foi incluído nos orzamentos de 2024, reforzando o apoio económico necesario para o seu desenvolvemento.
A Alcaldesa de Lugo, agradeceu “a implicación de todos os colectivos para acadar os fondos, grazas ao apoio que fixestes todos ao proxecto de forma publica, nunha mostra de unidade, algo fundamental para o éxito dun proxecto”.
“A colaboración entre o Concello e os distintos actores do sector turístico é esencial para acadar os obxectivos de sostibilidade e transformación que perseguimos», resaltou o concelleiro de Dinamización Económica, Mauricio Repetto.
O Plan de Sostibilidade Turística “Et edendo, Lucus: un percorrido histórico pola enogastronomía”, promovido polo Executivo de Paula Alvarellos, segue a avanzar na súa implementación grazas á reunión técnica da mesa de participación celebrada hoxe. Na xuntanza, os principais actores do sector turístico de Lugo fixeron as súas achegas para o desenvolvemento do Plan de Márketing deste proxecto, financiado con Fondos NextGenerationEU, que ten como obxectivo principal promover a enogastronomía local e mellorar a sostibilidade turística na cidade.
En primeiro lugar, a Alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, agradeceu “a implicación de todos os colectivos para acadar os fondos, grazas ao apoio que fixestes todos ao proxecto de forma publica, nunha mostra de unidade, algo fundamental para o éxito dun proxecto”. Pola súa banda, o concelleiro de Dinamización Económica, Mauricio destacou a relevancia desta reunión, e sinalou que «a participación activa dos axentes de dinamización turística é fundamental para garantir que o Plan de Márketing sexa eficaz e reflicta as necesidades e potencialidades reais que o Plan de Sostibilidade busca impulsar en Lugo». O edil engadiu tamén que «a colaboración entre o Concello e os distintos actores do sector turístico é esencial para acadar os obxectivos de sostibilidade e transformación que perseguimos».
Durante a reunión, os integrantes da mesa de participación, que incluían representantes da Deputación de Lugo, a Universidade de Santiago de Compostela, a Aula Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias da USC, a Confederación de Empresarios de Lugo, a Fundación Feiras e Exposicións, Vinissi, a Federación de Comercio, a Asociación Provincial de Hostalaría, o Balneario de Lugo, a Asociación de Cociñeiros e a Asociación Ceao-Gándaras, achegaron suxestións para a estratexia de promoción, co foco posto en accións que potencien a visibilidade de Lugo como destino enogastronómico de referencia.
Este encontro supón un paso adiante no camiño cara á implementación exitosa do PSTD. “O compromiso do Concello de Lugo coa sostibilidade e a promoción do patrimonio enogastronómico continúa sendo unha prioridade, e este Plan de Márketing será unha ferramenta crucial para alcanzar estas metas”, subliñou a rexedora ao rematar o encontro técnico celebrado na Casa do Concello.
Un importante respaldo económico
O Plan de Sostibilidade Turística en Destino (PSTD) «Et Edendo, Lucus: Un percorrido histórico pola enogastronomía» foi incluído nos orzamentos de 2024, reforzando o apoio económico necesario para a súa implementación. Este plan enmárcase dentro da Estratexia de Sostibilidade Turística en Destinos (ESTD), parte do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado con Fondos NextGenerationEU. A través desta estratexia, o Concello de Lugo busca non só mellorar a oferta turística, senón tamén promover a conservación e valorización do seu patrimonio enogastronómico. As accións incluídas no PSTD abordan diversas áreas, desde a mellora de infraestruturas ata a formación e promoción, co fin de crear un destino turístico sostible e atractivo.
O obxectivo principal deste plan é converter Lugo nun referente gastronómico e cultural, atendendo ao forte compoñente histórico da cidade, mediante a transformación do sector e a xeración de produtos e experiencias turísticas innovadoras que xeren un relato singular que achegue valor para os turistas. Outra das súas principais finalidades será aproveitar ese impulso para a xeración de emprego, mediante a creación de empresas e proxectos que poñan en valor os recursos gastronómicos, culturais e medioambientais, facendo de Lugo un destino competitivo a nivel nacional e internacional cunha demanda non estacional. Por último, busca redefinir o modelo de desenvolvemento turístico, cara un patrón máis sostible, reducindo a pegada de carbono nas actividades turísticas e acelerando os procesos de dixitalización do sector.