O Pleno Municipal de Lugo vén de aprobar, en sesión extraordinaria celebrada esta tarde, a actualización para o ano 2019 do IV Plan Estratéxico de concesión de Subvencións do Concello de Lugo, exclusivamente para a concesión de subvencións nominativas, cun total de 1.165.717,64 euros. Beneficiarán a asociacións e entidades lucenses de distintos ámbitos, tecido asociativo que desenvolve un labor fundamental no municipio, e que con estas axudas poderá desenvolver a súa actividade con maior facilidade.
O orzamento distribúese, por áreas ou materias, do seguinte xeito:
- Deportes: 631.500 euros
- Cultura: 109.900 euros
- Muller: 32.3620 euros
- Servizos sociais: 253.957,64 euros
- Medio ambiente: 105.000 euros
- Participación cidadá: 33.000 euros