A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, a Concelleira de Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, o Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos, o presidente da Federación de Comercio, José María Seijas, e a presidenta a Asociación de Autónomas de Lugo, Marta López; visitaron este vernes os establecementos que participan ao longo do día de hoxe nunha nova edición do Street Market. Son 90 os locais de 20 rúas e prazas da cidade os que se quixeron súmar á décimo terceira edición desta iniciativa que ofrece ata un 80% de descontos, e que é posible grazas á colaboración entre o Concello, a Deputación de Lugo, a Federación de Comercio e a Asociación de Autónomas, e que busca impulsar o comercio local.