O Concello de Lugo puxo en mans dos servizos xurídicos municipais o estudo das accións a emprender pola situación irregular na que se atopa a explotación publicitaria dos MUPIS. Así llo transmitiu o Goberno aos grupos de oposición na Comisión de Contas celebrada este venres.
Os servizos municipais xa advertiran á empresa concesionaria o fin do contrato e que polo tanto, o problema non era de responsabilidade contractual senón de responsabilidade xurídica.
Tamén se explicou que o Goberno local está a estudar se a cidade necesita máis MUPIS ou non para sacar a contratación a subministración de material ou se, pola contra, só é necesario xestionar a publicidade. Así mesmo, avalía se os MUPIS levarán só información de carácter institucional ou se a publicidade nos paneis será mixta como foi con esta concesión.