Nunha primeira parte do encontro, cada un dos participantes presentouse a si mesmo e á empresa e nunha segunda, formáronse mesas de traballo cunhas temáticas en cada unha delas referidas aos inconvintes que teñen os emprendedores e empresas no transcurso da súa actividade diaria. Cada mesa, pola que pasaron todos os asistentes, contou cun moderador para dinamizar o debate e extraer logo as conclusións do mesmo.
Esta iniciativa forma parte da actividade do CEI Nodus, que, ademais da súa labor ordinaria, xa moi dinámica e intensa, desenvolverá nos vindeiros meses os oito proxectos relacionados co emprendemento que foron solicitados pola cidadanía nos Orzamentos Participativos, e que consisten fundamentalmente en accións formativas, de capacitación e asesoramento dirixidas á xuventude, mulleres, autónomos e Pemes co fin de implantar ou mellorar unha actividade empresarial a través das novas tecnoloxías, a innovación e a creatividade.
Audio