Con esta iniciativa o Concello de Lugo concorrerá á convocatoria dos fondos europeos habilitados a través da Estratexia EDIL na que opta a 20 millóns de euros.
“Apostamos por transformar a arteria principal da zona norte nun gran bulevar verde coa creación dunha senda de preferencia peonil que conecte este eixo vertebrador co Centro histórico e o resto da cidade”, sinalou a alcaldesa.
Este proxecto complétase ademais coa creación doutra importante senda verde que conecta a avenida co barrio da Milagrosa a través dun itinerario que percorre parte de Camiño Real e a rúa Tino Grandío.
Na contorna da Intermodal prevese a instalación dun sistema mecanizado que desde a praza Conde Fontao ata Miguel de Cervantes facilite o transito cara ao resto da trama urbana.
“Contemplamos medidas de carácter social que roldan os 800.000 euros de investimento e que inclúen a mellora do Centro Social da Milagrosa, a creación da Parroquia 55 ou rehabilitar o parque de Frigsa cun obradoiro”, apunto a rexedora.
O último eixo de actuación prevé melloras medio ambientais que superan os 4.800.000 euros de investimento e que afectan o confort climático no espazo urbano, á prevención de inundacións ou á renovación da rede de augas nos polígonos industriais.
A alcaldesa de Lugo, Paula Alavrellos, acompañada polo edil de Dinamización Ecónomica Mauricio Repetto e a xefa de servizo desta área, Isabel Villamor, compareceu esta mañá na sala de Novas Tecnoloxías da Casa do concello para presentar o Plan de Actuación Integral co que Lugo conurrirá á convocatoria dos fondos europeos habilitados a través da Estratexia EDIL.
“Centraremos o noso esforzo en conquerir financiamento para levar a cabo unha serie de melloras de gran calado que temos planificadas dentro do noso proxecto de municipio e que sen dúbida están chamadas a cambiar para sempre os eixos nordés e noroeste da nosa cidade. Este proxecto recibe o nome de NOVO NORTE, e co optamos a 20 millóns de financiamento europeo”, sinalou a rexedora antes de debullar o proxecto.
Deste xeito, o Executivo de Paula Alvarellos prevé intervir na avenida da Coruña e os barrios baixo a súa influencia, mellorar a accesibilidade na contorna da nova estación Intermodal e implementer medidas de carácter transversal no ámbito social así como executar melloras encamiñadas a incrementar a resiliencia do municipio no ámbito ambiental.
“O obxectivo deste PAI responde a unha única meta final: rexenerar o espazo urbano comprendido a ambas as marxes da avenida da Coruña, e que afecta a unha área onde residen máis de 25.000 lucenses, e facelo ademais desde unha perspectiva tanto social como económica, e sempre baixo criterios de sustentabilidade urbana. Para iso apostamos por transformar a arteria principal da zona norte nun gran bulevar verde coa creación dunha senda de preferencia peonil que conecte este eixo vertebrador co Centro histórico e o resto da cidade”, sinalou a alcaldesa.
Esta gran transformación vai aparellada a unha profunda reordenación do tráfico e redistribución dos aparcamentos comprendidos neste vía, segundo explicou a alcaldesa na súa intervención aspecto no que tamén incidiron tanto o edil como a técnica municipal. Deste xeito, coa reordenación da avenida da Coruña lograrase transformar a mobilidade, ampliar os espazos peonís, crear novas zonas de esparexemento, introducir elementos vexetais que melloren o espazo público e crear zonas cubertas para o uso de menores e maiores que permitan socializar no que agora é un espazo ocupado principalmente por vehículos.
Este proxecto complétase ademais coa creación doutra importante senda verde que conecta a avenida co barrio da Milagrosa a través dun itinerario que percorre parte de Camiño Real e a rúa Tino Grandío. Esta iniciativa, na liña da anterior, prevé tamén a reordenación do tráfico rodado para mellorar a mobilidade e establece zonas de coexistencia de prioridade peonil que configura espazos públicos inspirados nos “woonerf” holandeses.
Esta gran modernización urbana, cuxa investimento superaría os 8 millóns de euros, complétase cunha considerable batería de melloras que coroarán este traballo estrutural de gran calado na avenida da Coruña e as súas inmediacións e que están destinadas, principalmente, a mellorar o espazo público. Deste xeito, e atendendo ás suxestións cidadás recollidas como conclusión do proceso participativo que o Goberno local abriu hai varios meses para definir as actuacións para incluír esta estratexia, se aposta de forma decidida por incorporar sensores de control de prazas de aparcamento e cámaras de identificación de matrículas para o control de tránsito.
Tamén se prevé habilitar pasos peonís intelixentes e sensores de detección de viandantes que axuden a regular o novo sistema de tráfico, instalaríanse sinais lumínicas para aumentar a seguridade viaria. Ademais, para completar estes cambios na mobilidade proxéctase introducir un sistema de alugueiro e recarga de bicicletas eléctricas para fomentar o transporte alternativo. “Isto vainos a permitir, por unha banda conectar a zona norte co Centro Histórico e outras zonas da cidade de forma eficaz, sostible e respectuosa co noso medio ambiente e a nosa veciñanza”, apuntou Alvarellos.
Co mesmo obxectivo, e coa intención ademais de achegar dinamismo ao tecido comercial e ao lecer prevese introducir un novo sistema de transporte colectivo que consistirá nun tren eléctrico de batería de litio de dous vagóns e con capacidade para uns 56 pasaxeiros e sinalizar un roteiro turísitca que divulgará o patrimonio arquitectónico da zona norte.
Así mesmo, de alcanzar esta liña de finaciación, dotaríase a estes barrios de elementos como bancos intelixentes con cargadores para dispositivos móbiles e con conexión a Internet pública, mupis dixitais que facilitarán información de servizos de interese para a cidadanía. Así como novos elementos que melloren a accesibilidade e un sistema de sinalización que permita identificar, servizos, parques e zonas de descanso que situaría a este espazo como unha zona urbana referente a nivel tecnolóxico.
Pola súa banda, no que á contorna da Intermodal refírese, Alvarellos informou de que se aposta por axilizar a comunicación desta zona co resto da cidade. “Para iso propoñemos unha intervención importante no espazo urbano que proporcione unha clara mellora da accesibilidade. Así proxectamos a instalación dun sistema mecanizado que desde a praza Conde Fontao ata Miguel de Cervantes facilite o transito cara ao resto da trama urbana. Barallamos varias opcións, pero en todo caso estariamos a falar dunha solución integral que inclúe un sistema de escaleiras, ramplas mecánicas ou mesmo un ascensor”, sinalou a alcadesa.
Esta solución que supoñerá unha importante rexeneración urbana desta contorna prevé un investimento total que superaría os 5,2 millóns de euros.
Este traballo de modernización comporta ademais un profundo labor de intervención social que ten un carácter completamente transversal. “Con esta liña pretendemos xerar oportunidades laborais e mellorar os nosos índices de equidade social. Para iso contemplamos medidas que roldan os 800.000 euros de investimento e que inclúen iniciativas como a mellora do Centro Social da Milagrosa coa que queremos ampliar o espazo e os servizos sociais e de inclusión que se prestan neste punto e que dará resposta á crecente demanda social que existe neste sentido”, informou Alvarellos.
Dentro desta vertente social da estratexia prevese poñer en marcha unha actuación que permitirá reconectar con todas e todos aqueles lucenses que ao longo da súa vida tiveron que abandonar a nosa cidade para desenvolver os seus proxectos persoais ou profesionais. “Imos crear a “Parroquia 55”. Con este novo espazo físico e virtual queremos reforzar a conexión de todos estes lucenses co seu municipio e abrir canles que lles permitan manter o vínculo coa súa cidade e acceder a información laboral e sobre emprendemento, entre outros moitos aspectos, que lles abra a oportunidade ao seu regreso se así o desexan”, explicou a rexedora.
Esta nova Parroquia 55 estará situada na Casa do Migrante, que se localizará no barrio de O Castiñeiro. Esta nova dotación funcionará ademais como punto municipal de asistencia onde a poboación migrante poida recibir asesoramento sobre trámites administrativos e outros aspectos que faciliten a súa rápida integración no municipio. Estes novos servizos contarán con financiamento vinculado á súa creación e destinada a soportar o seu funcionamento”, relatou.
Doutra banda, vinculando esta liña de actuación social co proxecto de rexeneración urbana da contorna da avenida da Coruña, o Goberno local prevé realizar unha rehabilitación do Parque da Milagrosa a través dun programa de formación que permita a contratación de desempregados de colectivos vulnerables para realizar traballos vinculados este proxecto de rexeneración do parque.
Este mesmo modelo de zonas de confort climático introdúcese no último eixo previsto dentro do PAI que é o de mellora medio ambiental e en que se contemplan accións de carácter totalmente transversal que superan os 4.800.000 euros de investimento. “Un dos requisitos valorados para optar a estes fondos é introducir iniciativas que permitan aumentar a nosa resiliencia ambiental por iso plantemaos, entre outras iniciativas, vertebrar toda a área de actuación do proxecto Novo Norte con zonas de confort climático, complementando o resto de proxectos de humanización de en este ámbito da cidade”, señlaó Alvarellos a este respecto.
De forma complementaria a estas zonas de confort climático e tamén co obxectivo de previr posibles inundacións ou anegamientos puntuais na trama urbana prevese actuar na rede de sumidoiros e saneamento na zona norte. Ademais incrementarase a eficiencia da rede de abastecemento de auga dos polígonos industriais da cidade avanzando na substitución da actual rede de fibrocemento, mellorando amplamente a eficiencia. E tamén se dotará aos depósitos municipais de auga dun sitema de subministración autónoma a través de placas fotovoltaicas que permitir alcanzar un importante aforro no consumo de enerxía no ciclo da auga de toda a cidade.
“En definitiva, alcanzar esta liña financiamento permitiríanos lograr ese Novo Norte que perseguimos, pero sobre todo, permitiríanos reducir enormemente os tempos no que poderiamos implementar todas estas iniciativas que contemplamos no noso proxecto de cidade”, concluíu a alcadesa quen adiantou que esta mesma tarde informará in situ aos colectivos veciñais da zona de todo o proxecto.