PILES
Plan de Inserción Laboral e Emprego Social
Dende febreiro do 2007 participaron nos diferentes módulos do proxecto un total de 30 persoas: un carpinteiro, oito albaneis, 6 canteiros e 9 xardineiros. Ademais nestas obras contouse cun administrativo, un xefe de obra unha encargada de paisaxismo, un encargado de albanelería e un oficial de primeira.
Ó longo de case dous anos os integrantes deste plan PILES realizaron diferentes actuacións no parque para convertelo nun espazo acomodado para o goce dos lucenses. Levouse a cabo un importante traballo de xardinería realizando unha limpeza da maleza e unha plantación de árbores do propio parque polas diferentes zonas aproveitando a riqueza de especies deste espazo natural. Ademais as labores de xardinería completáronse coa limpeza e a poda do arborado e a creación de diferentes zonas tapizadas con arbustos, céspede ou hedra.
As actuacións realizadas polos traballadores do proxecto PILES inclúen ademais a construción de muros dunha pedra de mampostería, a execución de saneamento e canalización de augas, execución de rigolas, a construción da enorme pérgola cunha impresionante estrutura de madeira. Tamén levouse a cabo a preinstalación da electricidade.
Con todas estas actuacións realizadas polos participantes no proxecto PILES, que sumadas ás levadas a cabo polos asistentes ó obradoiro de emprego Naturaleza Viva, logrouse rehabilitar una parte moi importante do parque situado nas ladeiras de Fontiñas e que en moi pouco tempo poderán gozar delas todos e todas as lucenses.
Tendo presente o compromiso pola inserción laboral dos cidadáns, e en especial das persoas con máis dificultades para acceder ó mercado de traballo, púxose en marcha o Plan de Inserción Laboral y Emprego Social (PILES) do que houbo xa dúas convocatorias:
– I PILES.- Para a recuperación de espazos públicos urbanos.
– II PILES.-Para dar continuidade as obras do parque de Paxariños.
Dende o Concello valórase como un verdadeiro éxito o desenvolvemento deste plan, non só polas obras realizadas na cidade, senón polo fin social conseguido ó favorecer a formación laboral dos colectivos máis desfavorecidos.
A Fase III do plan PILES encádrouse nunha política activa de emprego que ten como obxectivo favorecer o acceso ó emprego de colectivos que sofren unha maior discriminación en relación có mercado laboral. Ademais, este plan de inserción ten unha obxectivo valor engadido: a realización de obras de interese e mantemento nos espazos públicos de todo o concello de Lugo que estarán supervisadas e dirixidas polo persoal de Vías e Obras e polo persoal de Medio Ambiente do Concello. A duración deste contrato, para o cal o Concello destinará 466.322 euros, realizouse entre febreiro 2009 e decembro 2009.
Para a execución deste novo PILES ofértanse un total de 20 postos de traballo:
– Un director en calidade de xefe de obra.
– Un encargado de paisaxismo.
– Un xefe de brigada de albanelería e cantería.
– Un auxiliar administrativo.
– Dezaseis peóns.
Poderán participar as persoas desempregadas que figuren inscritas cómo demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego, que estean empadroadas no Concello de Lugo e que pertenzan a algún dos seguintes colectivos:
– Persoas con discapacidade que teñan a posibilidade de desenvolver as tarefas propias de mantemento de espazos públicos.
– Homes e mulleres maiores de 35 anos.
– Inmigrantes con permiso de traballo e residencia.
Poderá solicitar a instancia para participar nesta selección no Rexistro do Concello de Lugo, ata 10 días despois da súa publicación no BOP.