A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana Abelleira, e a Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López, mantiveron un encontro con usuarios da Fundación Secretariado Xitano. O Concello e a Deputación realizan unha achega económica de 48.000 euros a este colectivo co fin de colaborar en programas educativos e de inserción laboral. Nos últimos anos a Fundación atendeu a 133 nenos de entre 12 e 16 anos de idade para que logren superar a ESO e continúen cos estudos postobligatorios; e 496 maiores recibiron formación laboral, dos cales 346 asinaron un contrato.
Os plans e programas de educación e reinserción laboral que leva a cabo a Fundación Secretariado Xitano son:
A través destas accións, establécese un plan de traballo personalizado para cada alumno no que se establecen as necesidades, accións a desenvolver e prazos de revisión. Este traballo realízase mediante entrevistas individualizadas coas familias para que desenvolvan as competencias necesarias para lograr o éxito escolar. Ademais realízanse sesións de apoio grupal nas cales os mozos traballan para reforzar os coñecementos das diferentes materias e créanse espazos de reflexión e debate coas familias.
Secretariado Xitano
Este colectivo social, que leva funcionando preto de 15 anos, ten como misión a promoción integral da comunidade xitana, orientada a promoción e equiparación das dos seus dereitos, servizos, bens e recursos sociais en igualdade de condicións ca o resto da cidadanía. A FSG desenvolve todo tipo de servizos e programas que contribúen a alcanzar a plena cidadanía das persoas xitanas: promoven a igualdade de trato e tentar evitar toda forma de discriminación, melloran as condicións de vida ou desenvolver a autonomía persoal, entre outros ámbitos.