Proxecto parque
O Proxecto Parque, é un proxecto financiado pola Dirección General de Fondos Comunitarios no marco do programa INTERREG III A España-Portugal, concedido a medio de Resolución de data 29 de decembro de 2005, con entrada no Rexistro Xeral do Concello de lugo o 9 de xaneiro de 2006. O importe da subvención FEDER é de 2.138.348,28 €.
Os obxectivos do proxecto engloban a implementación dun plan de acondicionamiento e mellora dos parques empresariais da eurorrexión como polos de atracción de novas inversións empresariais xeradoras de emprego. Indicou tamén que inclúe a potenciación da mellora competitiva das Pemes xa instaladas, proporcionando unhas modernas infraestruturas para o uso das novas tecnoloxías que presten servizos de valor engadido e un soporte especializado ás empresas no seu proceso de transición tecnolóxica.
O proxecto inclúe a rede Telépole, como un elemento de interconexión entre os seis parques empresariais da eurorrexión:Polígono Industrial de O CEAO de Lugo, o Parque Tecnolóxico e Loxístico de Vigo, o Parque Tecnolóxico de Galicia en Ourense, o Polígono de Sabón de A Coruña, o Parque empresarial portugués de Chaves e a Zona Industrial de Bragança. Esta rede permite aos socios do proxecto disfrutar dunha serie de servizos avanzados de telecomunicacións como o acceso a servicios telemáticos, os entornos de colaboración de traballo en tempo real (videotelefonía e videoconferencia, videostreaming o webcasting) ou a localización xeográfica de parcelas.
As actuacións de mellora dos servizos dos parques empresarias que se perseguen no proxecto son:
A mellora na sinalización interna dos parques (rúas e outras informacións de interés como hoteles, restaurantes ou gasolineras).
Facilitar o acceso á sociedade da información mediante a implantación de redes inalámbricas de banda ancha a través de WiMAX, WiFi ou Cable.
Puntos de información multimedia que, situados nos parques empresariais, permiten a consulta dos datos de cada empresa: productos, actividades, horarios.
A instalación de cámaras para mellorar a seguridade nos parques empresariais.
Obxectivos acadados
A responsable de Economía e Emprego de Lugo explicou que o Proxecto Parque conta xa cunha serie de obxectivos acadados:
- Avance no fortalecemento das economías locais a ambos lados da fronteira.
- Ampliación da oferta de servizos das empresas das zonas Fronterizas.
- Desenvolvemento dunha rede de cooperación transfronteriza.
- Contacto telemático entre empresas da eurorrexión.
- Apoio na xeración de novas empresas de base tecnolóxica.
- Captación de novas inversións.
- Favorecer relacións comerciales a ambos lados da fronteira.