19 octubre, 2018

A cita máis importante da industria en Galicia recoñece o traballo do Concello en favor do sector

A Alcaldesa, que recolleu o Premio Galicia de Industria outorgado ao CEI Nodus, subliñou que o protagonismo de Lugo no evento, dende o feito de que se celebre na cidade a que tres dos galardoados estean vinculados coa provincia, demostra que “aquí estamos facendo moito e ben”
18 octubre, 2018

Lugo, “cidade amigable coas emprendedoras”, apoia a 9ª Feira Outlet

A Alcaldesa inaugurou o certame organizado pola Asociación de Autónomas, en colaboración co Concello e a Deputación. 31 tendas ofrecen entre hoxe e o sábado descontos de entre o 50 e o 80%
16 octubre, 2018

Concello, Deputación, Autónomas e Federación impulsan o comercio lucense coa 9ª Feira Outlet

A iniciativa, que reunirá a comerciantes lucenses ofrecendo nos seus stands centos de produtos con descontos entre o 50 e 80%, terá lugar os días 18, 19 e 20 na praza Anxo Fernández Gómez Ana Prieto apuntou que “esta Feira Outlet vén precedida por outras iniciativas similares que a Asociación de Autónomas pon en marcha […]
1 octubre, 2018

O CEI Nodus, premio Galicia de Industria, pola súa contribución ao desenvolvemento económico galego

Lugo acollerá o 19 de outubro a gala de entrega dos galardóns, organizados polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia
20 septiembre, 2018

Éxito do programa Inicia Coworking: o 70% dos emprendedores participantes teñen en marcha o seu negocio

A Alcaldesa participou na clausura da 3ª fase deste plan gratuíto de apoio ao emprendemento impulsado polo Concello e a Escola de Organización Industrial, que apoiou xa o lanzamento de 58 innovadores proxectos empresariais Lara Méndez subliñou o compromiso do Goberno co emprego, ao que destina 3M€ nos Orzamentos. A día de hoxe, ten en […]
18 septiembre, 2018

O proxecto Life do Concello, premiado no congreso da enxeñaría en madeira máis importante do mundo, en Seúl

Ao abeiro do plan Lugo+Biodinámico, investigadores da USC deseñaron a cuberta gridshell, a primeira do mundo de madeira de eucalyptus globulus, traballo recoñecido agora no WCTE 2018, que se celebra cada dous anos en Seúl