20 marzo, 2019
pildoras coñecemento lugo

Concello e CEL impulsan un programa de formación para aprender a emprender, dentro dos Orzamentos Participativos

Rosana Rielo, Ana Prieto e Lourdes Pardo presentaron as Píldoras de coñecemento para persoas emprendedoras, unha proposta que recibiu máis dun centenar de votos no proceso participativo Trátase de 4 obradoiros, de 15 horas de duración cada un, que se celebrarán de luns a xoves na sede da CEL, en xornada de tarde dende o […]
14 marzo, 2019
chatbot lugo

Taller práctico gratuíto sobre os chatbots como ferramenta de apoio a emprendedores o vindeiro luns no CEI-NODUS

Esta iniciativa, froito dos Orzamentos Participativos, continuará o 25 de marzo. Cada taller ten un número limitado de 20 participantes, polo que é preciso inscribirse en norman.veiga@concellodelugo.org. Celebraranse en xornada de mañá, de 10:00 a 14:00 horas
18 febrero, 2019
orzamentos participativos lugo

Éxito de participantes no 2º obradoiro de Future Jobs Tools, unha iniciativa de formación para o emprendemento solicitada nos Orzamentos Participativos

A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, e a Concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, déronlle a benvida este luns, no Vello Cárcere, ás persoas participantes no segundo obradoiro deFuture Jobs Tools, un dos proxectos seleccionados dos Orzamentos Participativos, no que as e os lucenses interesados en dar un xiro á […]
11 febrero, 2019
future jobs lugo

En marcha Future Jobs Tools, a segunda iniciativa de apoio ao emprendemento que escolleu a veiciñanza nos Orzamentos Participativos

Ana Prieto deulle a benvida este luns ás persoas participantes neste proxecto,  no que as e os lucenses interesados en dar un xiro á súa vida laboral están a coñecer as tendencias do mercado laboral marcadas polo progreso tecnolóxico e dixital da sociedade da man de especialistas
28 enero, 2019
emprendemento orzamentos partivipativos

Arrinca a primeira das 8 actividades de dinamización e apoio ao emprendemento que pediu a veciñanza nos Orzamentos Participativos

Rosana Rielo e Ana Prieto achegáronse este luns ata o CEI-NODUS, espazo municipal que acolle dende hoxe e ata marzo o Programa 3C: Capital Creativo Competitivo Trátase dunha iniciativa que ofrecerá a 20 empresas e persoas emprendedoras asesoramento personalizado para definir e reiventar os seus modelos de negocio
24 enero, 2019
o-emprendemento-orzamentosparticipativos

O Concello arranca as 8 iniciativas de apoio e dinamización do emprendemento que pediu a cidadanía nos Orzamentos Participativos

Trátase de accións formativas, de capacitación e asesoramento dirixidas á xuventude, mulleres, autónomos e Pemes co fin de implantar ou mellorar unha actividade empresarial a través das novas tecnoloxías e a innovación