O vindeiro luns, 18 de marzo, terá lugar o segundo taller práctico gratuíto sobre os chatbots como ferramenta de apoio a persoas emprendedoras, tras a celebración da primeira xornada este luns.
O CEI-NODUS acolle esta iniciativa, froito dos Orzamentos Participativos, que continuará o 25 de marzo. Cada taller ten un número limitado de 20 persoas participantes, polo que é preciso inscribirse en norman.veiga@concellodelugo.org. Celebraranse en xornada de mañá, de 10:00 a 14:00 horas.
Un chatbot é un programa informático co que é posible manter unha conversación, é dicir, é un programa de mensaxería instantánea, o que superou en actividade ás redes sociais nos últimos tempos. Esta tendencia mundial pódese aproveitar para chegar a estar en contacto permanente cos dispositivos móbiles de persoas ou clientes que a unha persoa emprendedora lle interesan. Esta motivación é a destes talleres, con enfoque práctico e aplicado. Non é preciso para participar saber ningún tipo de lenguaxe de programación, nin ter ningunha formación previa de tecnoloxía.
Cada persoa participante disporá no taller dun ordenador portátil para aplicar tres casos distintos:
Xunto a este programa, o Concello desenvolve outras 7 iniciatvas, das elixidos pola cidadanía nos Orzamentos Participativos, relacionados co emprendemento. Fundamentalmente son accións formativas, de capacitación e asesoramento a cargo de expertos dirixidas á xuventude, mulleres, autónomos e Pemes co fin de implantar ou mellorar unha actividade empresarial a través das novas tecnoloxías, a innovación e a creatividade.
Audio