Lugo, Tábua e Florencia conforman este proxecto liderado polo Concello e financiado no marco do programa europeo Erasmus+, no que participan uns 50 mozos entre 16 e 30 anos

Lugo, Tábua -Portugal- e Florencia –Italia- conforman este proxecto que tivo o seu primeiro encontro en Lugo na primeira semana de maio e na que participan uns 50 mozos entre 16 e 30 anos. Trátase dunha iniciativa a través da cal o Concello quere crear un espazo de encontro, de diálogo e de participación que perdure no tempo e que permita atopar solucións compartidas a temas de interese local.

Neste proxecto debatíronse sobre as recomendacións para que os mozos e mozas atopen emprego, baseado nas conferencias que versaron sobre o emprendemento e a creatividade.

A terceira das fases tivo lugar en Florencia, onde se elaborou un documento final con fórmulas para combater a problemática do desemprego xuvenil, co obxectivo de que sexa empregado polas institucións e organizacións participantes.

Lugo acolleu de novo a cuarta e última fase do proxecto na que realizaron diversas dinámicas grupales sobre a actitude cara o emprego, o emprego vocacional e económico, como afrontar os fracasos, o voluntariado como plataforma cara o emprego ou a creatividade como recurso insustituible.


Mural realizado en Lugo durante o proxecto